...Que ninguén o tome a mal...

Qué é este sitio?

Este sitio é basicamente tres cousas: un servizo público, un experimento utilizando Google Coop. para limitar as buscas ás referencias galegas, e unha páxina simpática para chamar a atención e por en liña dous fenómenos manifestos como son a gheada e o seseo no territorio galego.

Qué utilidade ten?

É o mesmo buscador de Google, saliantando os resultados galegos. Imaxina!

Pouco a pouco veredes como van mellorando as buscas.

É unha burla?

Non! Nin é unha burla, nin ten ningunha intención ofensiva. A gheada e o seseo son completamente normais na fala do galego.

Como xurdiu?

Observando como algunha xente escribía palabra gheantes coma 'Santiajo' nos seus posts e correos.

Gheada e Seseo

Tes moita información na Galipedia

Está subvencionada?

Respondemos como galegos con outra pregunta: estás de coña?
Non, pero estaría moi ben

Cal é o obxectivo?

Funcionar coma servizo público para que moitos galegos a poidan usar coma páxina de inicio, mellorar o filtrado das buscas de Google e estudar o impacto dun medio na Internet onde se manifestan estes fenómenos fonéticos galegos.

<< Volta