| A xornada do domingo virá marcada pola influencia anticiclónica en superficie, aínda que a presenza dunha baixa térmica sobre a Península Ibérica provocará algunha inestabilidade, principalmente durante a tarde. Así, predominarán os ceos pouco anubrados ou con nubes de tipo medio e alto e a medida que avance a tarde medrarán nubes de evolución que nas áreas de montaña de Ourense poderán deixar algún chuvasco ocasional. As temperaturas mínimas terán un lixeiro ascenso, mentres que as máximas estarán sen cambios ou en lixeiro descenso. Os ventos soprarán frouxos de compoñente norte, con intervalos de moderado no litoral. |